Accesibilidade

DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE

A Deputación de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web IDEPo Xeoportal de conformidade co Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://ide.depo.gal.

Situación de cumprimento

Este sitio web cumpre totalmente o R. d. 1112/2018, xa que recolle os requisitos de accesibilidade de prioridade 1 e 2 nivel AA.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:

1. Falta de conformidade co R. d. 1112/2018

· Pode haber fallos puntuais de edición nalgunha páxina web, coma adiamento incorrecto de elementos, presenza dalgunha ligazón rota, parágrafos sen o marcado correcto ou algún salto nos niveis de encabezamento [requisito número C9.2.7 Información e relacións das partes de UNE 301549 v1.1.2:2015].

· Do mesmo xeito, pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade por ter unicamente o obxecto de presentar determinada información visualmente, aínda que polo xeral se ofrece unha alternativa en texto.

2. Carga desproporcionada . Non aplica.

3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

Poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos, publicados antes da entrada en vigor do Real decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración elaborouse o 22 de abril de 2020.

Para preparala a Deputación de Pontevedra levou a cabo unha autoavaliación.

Última revisión da declaración: 22 de abril de 2020.

Observacións e datos de contacto

A través do formulario dispoñible en www.depo.gal/formulario-de-contacto , do teléfono +34 986 804 100 ou presencialmente no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra e no da sede de Vigo pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade do R. d. 1112/2018 (artigo 10.2.a) coma os seguintes:

· Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web

· Transmitir outras dificultades de acceso ao contido

· Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

Estas comunicacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Pontevedra.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do R. d. 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal, a Deputación de Pontevedra traballa para garantir que toda a cidadanía —especialmente as persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade— poida navegar, sen atopar dificultades de acceso por esta web, en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Estándares e normativa

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra cumpre as esixencias establecidas no Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Na actualidade, as páxinas da web da Deputación de Pontevedra cumpren cos requisitos da Norma EN 301 549 (v2.1.2:2018-08), considerando as excepcións do R .d. 1112/2018, que é equivalente ao nivel AA das WCAG 2.1.

Este sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 11.0 ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280 x 1024.

Este sitio web está deseñado para a súa visualización adaptativa, co que se visualiza de forma óptima en tabletas e móbiles.

Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa de navegación con lectores de texto.

Última data de revisión do sitio web: 22 de abril de 2020.