Revitaliza
A compostaxe é a maneira de converter os restos de comida e vexetais en fertilizante natural. Para compostar é necesario mesturar o lixo orgánico con restos leñosos e secos de podas, serraduras, follas… A transformación pódese realizar en calquera casa ou zona comunitaria mediante un compostador, sen ningún tipo de mecanismo nin gasto de mantemento.