EIEL
A Enquisa de infraestrutura e equipamentos locais (EIEL) é un instrumento creado en 1985 polo antigo Ministerio de Administracións Públicas que ten como obxectivo coñecer a situación das infraestruturas e equipamentos de competencia municipal, formando un inventario de ámbito estatal de carácter censual con información precisa e sistematizada dos municipios cunha poboación inferior a 50.000 habitantes. A EIEL elabórase a nivel de núcleo de poboación; existen 6.617 núcleos na provincia de Pontevedra, repartidos en 61 municipios. Actualmente non se solicita información dos municipios de Vigo e de Pontevedra. A información mostrada no visor fai referencia á última enquisa aprobada polo Ministerio de Presidencia e para as Administracións Territoriais.