![Cabecera](/documents/620101/620342/cabecera.jpeg/4e0f1a22-a818-4526-94ca-cf369d9a4e43?t=1517919588909?t=1515584077327)
Xeoportal
da Deputación de Pontevedra
Que é o Xeoportal da Deputación de Pontevedra?
O Xeoportal da Deputación de Pontevedra é un sitio web cuxa finalidade é ofrecerlles ás e aos usuarios o acceso a unha serie de recursos e servizos baseados na información xeográfica. Permite a procura, o acceso e a visualización dos datos xeoespaciais utilizando un navegador e posibilita a integración, a interoperabilidade e o intercambio de información entre as diversas institucións, as empresas e a cidadanía.
Un xeoportal materializa a posta en práctica dunha infraestrutura de datos espaciais (IDE), que constitúe un conxunto de tecnoloxías, estándares, políticas, recursos humanos e usuarios, harmonizados e integrados nun entorno virtual para compartir información xeográfica na rede.
A IDE da provincia de Pontevedra denomínase IDEPo.